9 ene. 2013

PRESENTACIÓN


Neste blog gustaríame presentar as nocións e ferramentas necesarias para enfocar a análise sintáctica dende un punto de vista funcional.


ACCEDE Á INFORMACIÓN

 NAS PÁXINAS DA MARXE.

INTRODUCIÓN

QUE É A SINTAXE?

 

 "A sintaxe é unha disciplina lingüística que describe as regras de combinación das palabras en unidades sintácticas superiores (frase, cláusula ou oración), así como as funcións que estas desempeñan."


(Gramática da lingua galega. Comunicación e expresión. Baía Edicións, 2010)

Para Rojo e Juñiá, "analizar sintacticamente unha expresión consiste en descompoñela nos elementos constituíntes ata chegar á separación en palabras que forman a cadea en cuestión". Esta segmentación non é aleatoria e farase tendo en conta a función sintáctica dos elementos que compoñen a secuencia.


(Fundamentos del análisis sintáctico funcional. Universidad de Santiago de Compostela, 1989 (Lalia 2))

GUIÓN DA UNIDADE


Coa axuda deste cadro poderedes acceder aos distintos epígrafes do noso blog.